Friday 10 de May de 2024

Oleiros, orgullosamente diverso; campaña municipal pola tolerancia e a pluralidade


Un ano máis, o Concello de Oleiros volverá manifestar, con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBIQA+, o compromiso coa defensa dos dereitos do colectivo LGTBIQA+, sinalando o municipio como un espazo de tolerancia, de diversidade e de pluralidade, onde non teñen cabida ningún tipo de violencia LGTBIfóbica; todas elas atoparán unha firme resposta desde as institucións municipais. Así, neste marco de visibilización e celebración da diversidade, púxose en marcha a campaña “Oleiros, orgullosamente diverso”.

Seguindo coas accións realizadas destes vindeiros anos, este 2023 continuamos con accións de visibilización e concienciación tales como a iluminación do castelo de Santa Cruz coas cores da bandeira LGTBIQA+; o despregamento da bandeira LGTBIQA+ na Casa do Concello; a publicación dun manifesto nos medios de comunicación municipais; o reparto de material de sensibilización nas Casas da Mocidade e Bibliotecas, así como na Concellerías de Servizos Sociais e Igualdade (Rúa Camilo Días Baliño s/n) e na Casa Echeverry (Avenida Ernesto Che Guevara, 45).